Calidade

A Empresa Construcciones Taboada y Ramos S.L., consciente da importancia da protección cara ao Medio, da prevención da seguridade e saúde dos seus traballos no desenrolo das súas actividades, e considerando como obxectivo fundamental proporcionar aos seus clientes servizos de calidade que respondan ás esixencias vixentes e mutuamente acordadas, certificou o seu Sistema de Xestión segundo a norma UNE-EN-ISO 14001:2004, ISO 9001:2000 e OSHAS 18001: 2007 pola empresa certificadora APPLUS+.

Por iso orienta as súas accións para: controlar constantemente que responden en todo momento ás esixencias e expectativas dos seus clientes, proporcionar os medios axeitados para que todo o persoal poida identificar e eliminar os obstáculos que impidan mellorar a calidade no seu traballo, fomentar a mellora continua, sistematizar procesos, servizos e metodoloxías de actuación, previr erros, involucrar no sistema de xestión ambiental aquelas empresas que traballan para a empresa, conseguir a plena satisfacción do cliente, cumprir a lexislación e normativa aplicable, xestionar os seus residuos e traballar mellorando as condicións laborais facendo fincapé na seguridade e saúde de todo o persoal. Ditas accións reflíctense na Política de Calidade, Medio e Seguridade e Saúde Laboral.