I+D+i

Na actualidade encontrámonos nun entorno en constante evolución, no que as organizacións deben adaptarse aos cambios, e na medida do posible anticiparse a eles, e no que a innovación se converteu en elemento esencial dentro dos procesos das empresas; por iso, CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L., co obxectivo de dispoñer de toda a súa capacidade técnica e produtiva para asumir retos tecnolóxicos, e así mellorar ou cambiar os procesos existentes dentro da empresa para dar resposta ás novas esixencias de mercado, implantou un Sistema de Xestión de I+D+i, de acordo cos requisitos establecidos na Norma UNE 16600220, que permitiu a sistematización das actividades de investigación, desenrolo e innovación que se realicen, garantindo así o control e a mellora continua destas actividades na Empresa, e a integración de dita xestión co resto dos sistemas de xestión desenrolados na empresa.

Na súa Política Empresarial, CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. asume, entre outros, os compromisos de promover as oportunidades e actuacións innovadoras nos distintos ámbitos de actividade da compañía, desenrolar e aplicar novas tecnoloxías e metodoloxías que melloren a súa capacidade técnica e aumenten a súa produtividade, implantar e manter un Sistema de Xestión de I+D+i, así como impulsar a formación dos seus traballadores para fomentar as iniciativas innovadoras e aumentar o nivel tecnolóxico da empresa mediante a difusión de novas solucións e coñecementos.