Enerxías Renovables

A empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L. consciente da trascendencia que ten o impulso dun desenrolo sostible, decidiu asumir un forte compromiso co medio, compromiso que se plasma a través da súa participación como socio maioritario en varias sociedades especializadas na Promoción e desenrolo de proxectos en diversos ámbitos das Enerxías renovables, nos que ostentan a máxima importancia os principios de xeración de benestar económico, de mellora medioambiental e de responsabilidade ante a sociedade.

O compromiso asumido en materia de enerxías renovables iníciase no ámbito da enerxía fotovoltáica no ano 2008, mediante a promoción, xestión administrativa integral e construción antes de finalizar ese ano unha instalación solar fotovoltáica sobre cuberta de 600 Kw. de potencia situada en Lalín (Galicia), utilizando módulos fotovoltáicos de última xeración que permiten optimizar a produción.

Do mesmo xeito, Construcciones Taboada y Ramos, S.L. seguindo unha estratexia orientada a prestar a máxima atención á eficiencia, a innovación e a mellora continua da súa actividade, coa pretensión de integrar as tecnoloxías máis avanzadas, a organización en estruturas flexibles e o aproveitamento máximo das sinerxias entre os distintos núcleos de negocio, inicia a súa actividade no campo da enerxía eólica tamén no ano 2008, que alcanza un importante impulso no ano 2010, ao resultar seleccionados pola Xunta de Galicia 4 anteproxectos de novos Parques Eólicos na convocatoria aberta mediante Orde de 29 de marzo de 2010, cunha asignación de potencia total de 96 Megawatios, que na actualidade se atopa na fase de tramitación administrativa previa, imprescindible para acometer a posterior execución dos proxectos, a posta en marcha das instalacións e a supervisión dos Parques Eólicos cando se atopen en funcionamiento, que sen dúbida, suporán un novo avance na diversificación e ampliación da súa actividade empresarial.

prev
  • Enerxías renovables
  • Enerxías renovables
next